O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, realizou hoxe unha visita institucional ao concello de Boqueixón, no que destacou a aposta do organismo provincial polo desenvolvemento dos municipios rurais.
González Formoso, repasou co alcalde, Ovidio Rodeiro, algunhas das obras financiadas con cargo aos diferentes plans provinciais, que serviron para construír e mellorar numerosas infraestruturas e servizos municipais.
Actualmente estanse a executar, con cargo ao Plan de Acción Social da Deputación da Coruña, obras por valor de 133.437,04€ destinadas a realización do acondicionamento e mellora nas escolas unitarias, no colexio de primaria, no local social de Loureda e nos campos de fútbol de Camporrapado e O Forte.
O alcalde, aproveitou a ocasión para solicitar ao presidente, a construción dunha senda na DP1201 que une Boqueixón con Codeso. Neste sentido, o presidente comprometeuse a estudar a demanda.