Propietarios: herdeiros de don José Raviña Devesa
Iniciado o expediente de expropiación forzosa de parte dunha parcela para a ocupación do ben de referencia e a teor do establecido no artigo 52 da LEF, convócase ós propietarios e titulares de dereitos que constan na relación de bens e dereitos afectados, para que comparezan o día 24 deste mes de outubro ás 11.30 horas na alcaldía do Concello de Boqueixón co fin de proceder ao levantamento das actas previas correspondentes.
Ós actos deberán comparecer os titulares dos bens e dereitos que se expropian, debendo aportar a documentación necesaria para acreditar a sucesión no caso de figurar a finca a nome de herdeiros e deberán identificarse co DNI.
Según o informe técnico, o valor dos bens e dereitos afectados pola expropiación ascende á cantidade de CINCOENTA E CATRO EUROS CON CORENTA E OITO CÉNTIMOS (54,48 €). Neste mesmo acto do día 24 deste mes, efectuarase o pago deste importe e no caso de non ser cobrado procederase á consignación inmediata na caixa xeral de depósitos e á ocupación do ben.