En cumprimento do establecido no artigo 101 da Lei orgánica do poder xudicial, o Pleno municipal terá que elexir xuíz de paz deste Xulgado, o cal será nomeado por un período de catro anos.
As persoas interesadas que reúnan as condicións legais poderán presentar as súas solicitudes nas oficinas municipais, de 9 a 14 horas, durante o prazo de 10 días hábiles, a contar desde o seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP.
No mes de agosto do 2016 produciuse o falecemento do xuíz de paz de Boqueixón, don Pedro Munín Devesa, sen terse esgotado o período de catro anos, que é o prazo legal polo que se nomea a un xuíz de paz.
En cumprimento do establecido na lei orgánica do poder xudicial, e co fin de proceder á nova elección, ábrese a seguinte convocatoria:
OBXECTO:
- Presentación de solicitudes perante o alcalde deste concello, para optar ó cargo de xuíz de paz titular.
- Prazo de presentación: desde o 13/10/2016 ata o 26/10/2016, ambos incluídos.
- Lugar de presentación: Concello de Boqueixón, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.
- Condicións legais dos solicitantes:
- Ser español/a e maior de idade.
- Estar capacitado/a física e psiquicamente para o desempeño do cargo.
- Posuír o pleno exercicio dos dereitos civís.
- Están incapacitados para o exercicio xudicial os condenados por delito doloso mentres non sexan rehabilitados.
- Están incapacitados para o exercicio xudicial os procesados ou inculpados por delito doloso en tanto non sexan absoltos ou se dite auto de sobreseimento
- Á solicitude unirase a seguinte documentación:
1.Fotocopia do DNI
2. Xustificante dos méritos que alegue o solicitante
3. Certificación do rexistro central de penados e rebeldes e declaración complementaria de conduta cidadá.