No mes de setembro, deu comezo no Concello de Boqueixón, un Programa de Actividades Físico – Deportivas para adultos para o curso 16 – 17 que leva por nome Actívate Boqueixón.
Este programa nace co obxectivo de promover hábitos de vida saudables entre os veciños e veciñas a través da actividade físico-deportiva e de fomentar a participación descentralizando as actividades.
Están dirixidas por monitores especializados e teñen lugar en distintas parroquias do municipio. O programa consta de tres actividades, Pilates que se está a levar a cabo en Ponte Ledesma, Forte, Codeso e Lestedo e conta con 60 participantes; Zumba que se está a desenvolver en Camporrapado, Forte e Lestedo con 55 asistentes e a máis concurrida con 77 participantes, Ximnasia de mantemento, que se está a levar a cabo en seis das catorce parroquias de forman o concello.
Actívate Boqueixón deu comezo no mes de setembro e exténdese ata o mes de xuño.