En cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de Expropiación Forzosa do 26 de abril de 1957, pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda, Axencia Galega de Infraestruturas, Servizo Provincial da Coruña, procédese a executar o pagamento dos prezos xustos ós propietarios cuxas relacións figuran expostas no taboleiro de anuncios do Concello de Boqueixón.
Este pagamento corresponde ós expedientes de expropiación forzosa instruídos para o termo municipal de Boqueixón, por mor das obras dos Proxectos:
– AC/08/039.06 “MELLORA DA SEGURIDADE VIAL EN RODIÑO DO PK 4+040 O PK 6+040 NA AC-960
-AC/08/039.06.M1 “PROXECTO MODIFICADO Nº1 MELLORA DA SEGURIDADE VIAL EN RODIÑO NO PK 4+040 O PK 6+040 NA AC-960”
-AC/04/055.06 “CONSTRUCCIÓN DE NOVA PONTE SOBRE O FERROCARRIL NA AC-960. TREITO: A SUSANA”
Dito pagamento terá lugar:
Termo municipal de Boqueixón
Lugar: Casa Consistorial do Concello de BOQUEIXÓN
Data: 13 de outubro de 2016 de 10.15 a 12.00 horas.
O que se fai público para o seu xeral coñecemento.
Prema no seguinte enlace para acceder á relación de propietarios que se citan:
Adxuntos
- relacion-prop-que-se-citan (265 kB)
- relacion-prop-que-se-citan (265 kB)
- relacion-prop-que-se-citan (265 kB)
- relacion-prop-que-se-citan (265 kB)