Este programa executouse por primeira vez no curso escolar 2015-2016, obtendo uns excelentes resultados.
Na mañá de onte, celebrouse no salón de plenos, a firma da renovación do convenio de colaboración, entre o equipo pedagóxico que coordina e executa o Programa de Apoio Educativo, e o Concello de Boqueixón.
Nesta acción, poderán participar nenos e nenas de infantil e primaria que posúan un diagnóstico médico definido ou menores que presenten dificultades xeneralizadas na adquisición e consolidación dos aprendizaxes básicos referidos dos centros escolares ou da propia familia.
Levarase a cabo os martes en xoves en horario de 16:30h. a 18:00h. nas instalacións do CPI Antonio Orza Couto e estará coordinado, ao igual que na primeira edición, por Ruth Gómez Vázquez, mestra de educación especial e doutora en Pedagoxía terapéutica con 43 anos de experiencia profesional. O equipo pedagóxico tamén contará con un pedagogo de educación especial.
Máis información e inscricións no departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981513106.