Iniciado o expediente de expropiación de parte dunha parcela para a ocupación do ben que se indica, necesario para a execución do proxecto de “Conexión dos colectores de saneamento do polígono industrial de Sergude á rede xeral”, declarado de utilidade pública e urxente ocupación, faise pública a relación de propietarios e bens afectados, para que dentro do prazo dos 15 días seguintes ao da última publicación deste edicto no BOP ou DOG, poidan os interesados presentar alegacións sobre a procedencia da ocupación ou disposición do ben, achegando cantos datos permitan a rectificación dos posibles erros que se estimen cometidos:
RELACIÓN DE BENS E DEREITOS DE NECESARIA E URXENTE OCUPACIÓN
Nº | Datos propietarios | Enderezo | Situación da parcela | Natureza urbaníst. | Ref. catastral e nº de parcela | Superficie afectada | Outros bens afectados |
1 | Herdeiros José Raviña Devesa | Igrexa, 22 Sergude | Sergude | Rústica | 15012C505001380000DK Nº 138 | Pleno dom.: 1 m2 Serv. acueduto: 20 m2 Ocup.Temporal: 53 m2 | 74 m2 árbores de ribeira |
A tenor do establecido no apartado 2/ do artigo 52 da LEF, convócase aos propietarios e titulares de dereitos que consten na relación de bens e dereitos afectados, para que comparezan o día 24 de outubro ás 11:30 h. na alcaldía do concello de Boqueixón co fin de proceder ao levantamento das actas previas correspondentes.
Boqueixon, 15 de setembro de 2016
O alcalde, Ovidio Rodeiro Tato