O Conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia, don Xosé Manuel Rey Varela e o alcalde de Boqueixón, don Ovidio Rodeiro Tato, acompañados de don Perfecto Rodríguez Muíños, xerente do Consorcio Galego de Servizo de Igualdade e Benestar asinaron hoxe no salón de plenos do concello de Boqueixón un convenio de colaboración que vai permitir o acondicionamento e a transformación do Centro Sociocultural de Sergude nun Centro Sociocomunitario. Este proxecto conta cunha achega do Consorcio Galego de Servizo de Igualdade e Benestar de 200.000 €.
A finalidade desta actuación é que, a través das actividades e servizos que imos a ofertar, conseguir unha participación activa na comunidade da cidadanía en xeral e dos nosos maiores, en particular, a prevención da dependencia e que a persoas maiores dispoñan dun lugar para reunirse procurando a integración social dun xeito activo na comunidade.
Perseguimos transformalo nun lugar accesible, cálido e acolledor. Que supere todas as barreiras arquitectónicas e se converta nun espazo de encontro para o ocio e a formación da nosa veciñanza, pensado para recoller as súas necesidades e inquedanzas.