Este domingo 24 de xullo, o campo de fútbol de “A Silveira”, acolleu o III Trofeo Concello de Boqueixón que se disputou entre os equipos S.D Compostela e o C.D Boiro.
Foron moitos os afecionados que acudiron a Camporrapado a animar ao seu equipo. Disputaron un bo partido que estivo moi reñido ata o final. Na tanda de penaltis marcou o C.D. Boiro proclamándose campión do trofeo que foi entregado polo alcalde de Boqueixón.
Recoñecemento da súa traxectoria
Aproveitouse a ocasión para facer entrega dunha placa de agradecemento a Servando Pérez Fernández, en recoñecemento aos anos de colaboración e bo facer a pro do deporte local.