Estas obras son destinadas a mellora da rede eléctrica de baixa tensión, para os clientes de UDESA, na zona de influencia de Camporrapado. Consisten na canalización soterrada dunha liña de eléctrica de Media Tensión conexionada coa Liña de Alta Tensión do tramo Silleda – Boqueixón , con destino final a altura do lugar de Castro de Abaixo, punto no que enlaza neste momento. Neste punto recíbese a electricidade da Liña de alta Tensión de Unión Fenosa, e distribúese nunha nova Liña de Media Tensión soterrada a nome de UDESA, e que tras unha canalización de 1.947 metros lineais soterrados, chegará ata o punto de conexión existente no Centro de Transformación de Camporrapado II. Neste centro a corrente pasará de media tensión a baixa tensión e servirá de reforzo para o suministro de enerxía eléctrica a todos os veciños de Camporrapado clientes de UDESA.
O orzamento de execución destes traballos, levados a cabo pola compañía UDESA, é de 307.614,38€.