A medida foi posible polo remanente positivo de tesourería de un millón de euros
A amortización aforrará 33.000 euros ata o 2018
O Pleno de Boqueixón aprobou onte a modificación orzamentaria que permitirá a amortización do único crédito bancario que o concello ten subscrito con Abanca e que ascende a data de hoxe a 323.470 €. Esta decisión foi posible gracias ao remanente positivo de tesourería de 1.070.000 € que resultou da liquidación do orzamento de 2015.
O alcalde do concello, Ovidio Rodeiro destacou que o goberno municipal cumpriu en tan só un ano o obxectivo económico da lexislatura, que era liquidar a débeda bancaria. Tamén resaltou que con esta medida o concello aforrará máis de 33.000 euros en intereses, xa que o crédito vencía en 2028.
Ademais, Ovidio Rodeiro dixo que esta medida realízase sen necesidade de restar servizos nin aumentar os impostos. Deste xeito, recorda que nesta lexislatura reducíronse os impostos municipais do IBI de rústica e do ICIO e anuláronse varias taxas administrativas, potenciouse a área social, cun aumento do 25% nas horas de atención domiciliaria para casos de dependencia e reforzáronse as medidas de mantemento dos espazos públicos.