O Concello de Boqueixón amosará o mellora da súa paisaxe este sábado, día 18 de xuño, a preto de douscentos camiñantes que van a participar na VI Ruta do Colesterol. Esta proba de 50 quilómetros da Copa Galega de Andainas é a última do campionato.
Está pensada para camiñantes profesionais e amateurs, os cales se adentrarán no corazón de Boqueixn e desfrutarán da beleza dos sendeiros cheos de árbores centenarias, dos montes encantados e das singulares paisaxes que se debuxan á carón do río Ulla. A travesarán seis fervenzas e farán escala, como non podía ser doutro xeito, no monte sagrado de Boqueixón: o Pico Sacro.
O punto de encontro será o sábado na casa da Cultura de Camporrapado, ás 9:00h. horas.
Toda a información na web www.rutadocolesterol.com