Na parcela de titularidade municipal número 184, polígono 511, lugar Souto de Vila-Ledesma, existen tres castiñeiros preto dunha vivenda, os cales ocasionan danos no tellado debido ás pólas excesivamente grandes que provocan rotura de tellas, atascos nos canlóns, problemas no cableado da luz, etc.
Con data 30 de maio do 2016, a arquitecta municipal emite informe no cal se sinala que a valoración dos referidos castiñeiros ascende a 159,25 €, de acordo co seguinte desglose:
- Exemplar número 1: castiñeiro (castanea sativa), 80 cm de diámetro, 69,68 €
- Exemplar número 1: castiñeiro (castanea sativa), 60 cm de diámetro, 49,08 €
- Exemplar número 1: castiñeiro (castanea sativa), 80 cm de diámetro, 40,49 €
Por este motivo é necesario proceder coa corta dos citados castiñeiros polo cal a Xunta de Goberno acorda:
- Solicitar ofertas para proceder coa corta e retirada de tres castiñeiros situados na parcela municipal número 184, polígono 511, lugar Souto de Vila-Ledesma.
- Dar o prazo de 10 días hábiles para a presentación das ofertas.