O máxico Pico Sacro acolleu a actividade de dinamización literaria III Encontro Dragal. Esta iniciativa ambientada na triloxía da escritora galega Elena Gallego Abad, fixo que rapaces e rapazas gozasen dun xogo de rol en vivo baseado na devandita obra e máis na historia de Galicia.
A obra está inspirada no mito da “traslatio” do corpo do Apóstolo Santiago que recollen as páxinas do famoso Códice Calixtino.
Dragal nos redescubre a lenda da Raíña Lupa no Pico Sacro e as máxicas augas da Poza da Moura.
Esta triloxía está tendo un imparable éxito, cunha significativa repercusión a nivel xuvenil e educativo.
A colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Concello de Boqueixón, xunto con Ramsa, fixeron posible a organizarión do III Encontro da Fraternidade do Dragal, o cal supuxo unha actividade lúdica e ó mesmo tempo divulgativa e educativa sobre o noso patrimonio histórico, inmaterial e cultural.
A xornada comezou contra as 10:30 horas cunha benvida aos varios centros participantes. Media hora despois deu comezo o xogo de rol, que se extendeu ao longo de tres horas a través dunha ruta programada na que pasaron diferentes probas. Xa as 14:15 horas todos os rapaces compartiron un xantar de confraternización no que degustaron a saborosa filloa de Lestedo, para ás 15:15 horas dar comezo a entrega de diplomas participativos.
Neste acto estuveron presentes, entre outros, o alcalde de Boqueixón, e a propia autora da triloxía Dragal, Elena Gallego Abad.