O Concello de Boqueixón como broche final a tempada 2015 – 2016 das Escolas Deportivas, organiza unha semana de “portas abertas” para todas aquelas persoas que estén interesadas na práctica de algunha disciplina deportiva de cara a próxima tempada.
Este peche de tempada levarase a cabo dende o 23 ata o 31 de maio nos horarios correspondentes a cada actividade.
Durante toda a semana o público en xeral poderá acceder a dinámica das clases ou ben coma espectadores ou ben como participantes.
As Escolas deportivas veñen de acadar un gran éxito de participación en todo os grupos establecidos nas distintas parroquias, unha media de 250 participantes entre nenos e adultos, gozaron durante esta temapada das diferentes actividades de zumba, pilates, patinaxe, judo, escola de fútbol e ximnasia de maiores.
A través desta escola e seguindo os parámetros establecidos polo Plan Galicia Saudable búscase promover o hábito da práctica regular de actividade en todalas idades avogando polo exercicio físico no tempo de lecer.