A Consellería de Educación convoca un fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.
No fondo solidario de libros de texto poderá participar o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e en 1º e 3º de ESO; cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2015/16. A asignación farase:
a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.
b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.
Na convocatoria de axudas para adquirir libros de texto poderá participar o alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, en 2º e 4º de ESO, e en educación especial.
A convocatoria de axudas para adquirir material escolar está destinada ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o día 23 de xuño de 2016 (este incluído).
As solicitudes poden taramitarse dende http://sede.xunta.es/ co procedemento ED330B
Máis información no DOG do 16 de maio de 2016 e en http://www.edu.xunta.es/axudaslibros/
Máis información no dpto. de Educación e Cultura do Concello de Boqueixón.