O programa de actividades que desenvolverá o Concello de Boqueixón co gallo da celebración da festividade das Letras Galegas é o seguinte:
- Exposición “Manuel María: vida e obra”, percorrido polos aspectos máis salientables do autor homenaxeado no día das Letras Galegas 2016: Casa do Concello.
- Festival das Letras Galegas, sábado 14 de maio ás 18:30h. na Casa da Cultura de Camporrapado: lectura de poemas de Manuel María (autor homenaxeado) e actuación dos Bolechas van ás olimpíadas.
- Entrega de premios do III Certame de Relatos “Xosé Neira Vilas”: 20 de maio ás 11:00 h. no salón de actos do CPI Antonio Orza Couto. O acto estará presidido por Ovidio Rodeiro, alcalde de Boqueixón, acompañado polo presidente da Fundación Neira Vilas, don Luís Reimóndez e por don José Manuel Silva, director do CPI.