Na Xunta de Goberno realizada o día 6 de maio de 2016, acordouse iniciar o expediente de contratación mediante o procedemento negociado sen publicidade do seguinte servizo:
Realización de actividades para desenvolver no campo de traballo “ O Pico Sacro” por un importe total de 7.450,00 euros
As actividades desenvolveranse do 18/07/2016 ó 29/07/2016 ambos incluídos. O número de prazas será de 20 que se ocuparán con xoves de idades comprendidas entre 18 e 30 anos. Calquera aclaración ó respecto será resolta polo Departamento de Cultura Tlf. 981 513115
As empresas invitadas para que presenten as súas propostas son:
CPM Eventos
Vagalume Xestión Integral de Servizos, SL
Arelar, Xestión Socioeducativa, SL
O prazo para a presentación das ofertas será de 10 días hábiles.
A continuación publícase o proxecto de traballo
PROXECTO DE CAMPO DE TRABALLO_O PICO SACRO