Tradicionalmente as carrozas facíanse con carros tirados por bois que estaban decorados con algún motivo tradicional da vida dos labregos. O propio día da festa os membros de cada carroza ofrecen aos veciños e veciñas produtos típicos do lugar como chourizos, filloas, viño, augardente daUlla… e os veciños a cambio ofrécenlles unhas moedas que servirán para pagar en parte os gastos da construción da carroza.
Co paso dos anos, os carros e os bois foron sustituíndose por tractores e camións, pero a filosofía da festa segue sendo a mesma.
Actualmente a comisión de festas axuda con algúns cartos aos veciños e veciñas que se deciden a construir carrozas para incentivar o seu traballo e así conseguir que non se perda a tradición.