A data de inicio das carrozas do San Cidre varía entre 1969 e 1973. Foi a raíz dun curso que dirixentes da Sección Feminina da Falanxe organizaron en Oural para impartir ensinanza familiar entre os veciños da parroquia.
Nun principio cada unha das localidades escollía un oficio da aldea para representar (zoqueiros, cesteiros, costureiros, a malla, a taberna…) e que, uns anos mellores que outros, a tradición non se perdeu.
O máis importante é que tanto homes coma mulleres souberon e saben manter viva durante moitos anos unha das tradicións máis fermosas e singulares de todo o noso contorno.
Unha festa onde os veciños e veciñas desta parroquia poñen toda a súa forza, todo o seu empuxe en ofrecer o mellor da nosa gastronomía e da tradición agraria para poñelas a disposición dos centos de romeiros que todos os anos aciden ó San Cidre de Oural.