O Concello de Boqueixón está adherido dende o ano 2013 ao Programa de Compostaxe doméstica de SOGAMA. Este programa ten como obxectivo recuperar unha práctica tradicional en Galicia, separando os residuos orgánicos para a elaboración de abono ou alimento para o gando e así reducir o volume global dos residuos producidos mediante a reciclaxe da materia orgánica en orixe.
A Televisión de Galicia quixo facerse eco do proceso de elaboración de compostaxe e gravou en Lestedo a un veciño que no ano 2013 se comprometeu a participar na Campaña de Compostaxe doméstico de Boqueixón.
Preme na imaxe para ver o vídeo: