O prazo de presentación de solicitudes será desde as 00:00 horas do 22 de abril de 2016 ata ás 14:00 horas do 12 de maio de 2016.
As solicitudes realizaranse de xeito telemático, sendo preciso a sinatura dixital do representante da entidade solicitante.
As asociacións poderán solicitar 1 actuación dentro do XXXIII Programa de música e teatro para grupos non profesionais.
Porcentaxes de pagamento
Entidades:
As porcentaxes de pagamento da actuación serán as seguintes:
Entidade: 50 % do importe do espectáculo
Deputación: 50 % do importe do espectáculo
Nota.- Nos estatutos das asociacións solicitantes deberá figurar entre os seus fins a promoción cultural ou similar.