O Concello de Boqueixón presentou a nova web do Pico Sacro (https://www.boqueixon.gal/pico-sacro/), que ofrece dun xeito atractivo para os veciños, veciñas e visitantes a información máis relevante do monte sagrado, do seu centro de interpretación, da súa historia e lendas acompañado todo dun magnífico material audiovisual.
Esta web xurde dentro das medidas propostas no PROXECTO DE POSTA EN VALOR DO “PICO SACRO”, presentado no mes de novembro, no cal se contemplaba como unha área de actuación a preservación do patrimonio material e inmaterial representado neste monumento natural. Monumento de gran valor paisaxístico, xeolóxico e histórico (non esquezamos a súa vinculación coa tradición xacobea) que, pola súa importancia, supera os límites territoriais do noso concello.
Como complemento a esta nova páxina web, pero con unha intención máis interactiva e participativa tamén está en funcionamento un facebook sobre o Pico Sacro, no que se recollen e comparten todas as novas relativas a este monte sagrado.