A Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia a licitación por un importe de máis de 600.000€ das obras de reforzo de firme na estrada A Susana – Vila de Cruces (AC-960) ao seu paso por Boqueixón, tal e como xa adiantara na súa visita ao noso municipio a Conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez.
As actuacións que se levarán a cabo nesta estrada, que discorre polos municipios de Santiago, Boqueixón e Touro, serán a rehabilitación do firme nos tramos que o precisen, sumando 17 km. como obxecto de actuación. Ademais instalarán entre os Pks 0+380 e 0+530 unha tubaxe para mellorar a drenaxe, evitando as acumulacións de auga que se producen na zona.