D.E.P
Natural de Xiadás – Gastrar e con residencia en Rodiño Grande – Sergude, naceu o 8 de marzo de 1930.
Foi alcalde de Boqueixón entre maio de 1983 e xuño de 1991. Este período caracterízase por un forte dinamismo municipal con multitude de actuacións entre as que destacan as seguintes:
- Fortes inversións en comunicacións conseguindo o acondicionamento e asfaltado de pistas de servizo a todas as vivendas de todos os veciños e veciñas do concello.
- Construción de servizos municipais como o polideportivo e o centro de saúde.
- Instalación de alumeado público en todas as aldeas do concello.
O Alcalde e a Corporación Municipal, lamentan o seu pasamento e únense á dor dos seus familiares e amigos.