O 15 de abril, sae publicada no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 5 de abril de 2016 da Secretaría Xeral da Igualdade pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.
O prazo para a presentación das solicitudes das indemnizacións do artigo 43 de Lei galega 11/2007, é do 16 de abril ao 31 de outubro de 2016.
O prazo para a presentación das solicitudes das axudas do artigo 27 de Lei orgánica 1/2004, é do 16 de abril ao 30 de novembro de 2016.
Para obter máis información poñerse en contacto co CIM do Concello de Boqueixón ou ben chamando ó teléfono 981 513 061