A Escola de Fútbol Boqueixón presentou o seu I Torneo de Fútbol Base que se desenvolverá no Campo Municipal de O Forte os días 30 de abril e 1 de maio.
Este torneo, distribuído en dúas categorías, por un lado benxamíns e por outro alevíns, conta para a ocasión con 15 equipos inscritos en cada categoría, equipos que chegarán a Boqueixón dende Touro, Vila de Cruces, A Estrada, Silleda e incluso Noia.
Na presentación estivo presente o alcalde Ovidio Rodeiro e a concelleira de deportes Mary Botana, os cales se comprometeron a colaborar coa organización deste torneo efectuando unha serie de melloras nos vestiarios do polideportivo municipal e aproveitaron a ocasión para agradecer á directiva da Escola de Fútbol a súa implicación na dinamización dos máis cativos no mundo do deporte.