O prazo de solicitude de prazas de novo ingreso e renovacións para a Escola Infantil Municipal Raíña Lupa” de Boqueixón, estará aberto do 1 ao 31 de maio de 2016.
Requisitos:
Estar empadroado no termo municipal.
Idade de ingreso:
Idade mínima: ter cumprido os tres meses na data de ingreso.
Idade máxima: non ter cumprido os tres anos de idade ao 31 de decembro de 2016.
Documentación a achegar coa solicitude:
- Fotocopia compulsada do libro de familia.
- Fotocopia compulsada do DNI da nai/pai titora ou titor.
- Certificado de empadroamento e convivencia.
- Última declaración do IRPF (2014) ou certificación negativa de facenda de non tela presentada, se é o caso certificación de prestación económica para desempregados do INEM.
- Última nómina, e se é posible contratos de traballo. No caso de ser autónomo fotocopia do último recibo de pago do banco.
- Nos casos de deficiencias ou enfermidades alegadas polos membros da unidade familiar, certificado médico acreditativo.
- No caso de minusvalías físicas, psíquicas ou sensoriais, informe do grao minusvalía, así como da necesidade de integración.
- Documentación acreditativa de incidencias (separación, abandono do fogar, etc…).
- Informe de Servizos Sociais nos supostos que sexan necesarios.
Prégase traer a documentación completa á hora de facer a solicitude ou renovación.
Máis información: Departamento de Servizos Sociais do Concello. Tel: 981 513 061.