O alcalde de Boqueixón mantivo no día de hoxe unha xuntanza con Pablo Fernández López, mozo veciño de Sergude que se proclamou a pasada fin de semana Campeón Galego Élite de Boxeo ante centos de afeccionados nunha velada disputada en Riveira.
A traxectoria deste deportista boqueixanés está chea de éxitos acadados con esforzo e horas de traballo en distintas disciplinas marciais (MMA, savate, loita olímpica ou kick boxing).
O alcalde manifestou interese pola súa carreira deportiva e tamén polo seu progreso profesional que actualmente está a desenvolver na cidade de Barcelona e valorou a súa evolución coma un exemplo para outros mozos e mozas do municipio.
No vindeiro mes de xullo, Pablo Fernández, disputará o título nacional da categoría élite de boxeo na cidade da Coruña.