Tras o éxito acadado coa realización do I Curso Monográfico de Defensa Persoal feminina, o CIM do Concello de Boqueixón, colabora na organización do I Curso de Defensa Persoal, que terá lugar nos meses de abril, maio e xuño, no Ximnasio Municipal de O Forte.
O curso está enfocado a impartir técnicas adecuadas para manexar situacións de violencia física, ensinando recursos para a mellora da linguaxe corporal e previr situacións de risco.
Será impartido por Compostela Judo Club e desenvolverase todos os venres dende o 22 de abril ata o 17 de xuño en horario de 20:30h. a 21:30h.
As inscricións poderán realizarse no CIM do Concello de Boqueixón ou chamando ó teléfono 981 513 061.