Con motivo da celebración, o vindeiro 1 de Abril, da segunda edición do “Dia Das Artes Galegas”, as asociacións “Amigos da Ponte de Ponte Ledesma”, “Raiceiros” (de Ponte Ulla) e “Mestre Manuel Gacio” (de Lestedo) organizan cadansúa camiñata o DOMINGO 3 de ABRIL e que confluirá na Fervenza de Codeso.
O motivo de organizar esta andaina é para visibilizar a existencia de estas asociacións e dar a coñecer o traballo das mesmas en prol da investigación e difusión da cultura galega. A asociación de “Amigos da ponte de Ponte Ledesma” partirá ás 9:30h da milenaria ponte que une os concellos de Vila de Cruces e Boqueixón e fará o seu traxecto polos camiños e rutas de sendeirismo que discurren a carón do río Ulla pasando polos lugares de Noente, Santa Mariña e Donas. A Asociación “Raiceiros” posiblemente fará a súa saída da localidade de Ponte Ulla, no entorno do puente de Gundián (sobre o que teñen publicados numerosos traballos). Pola súa banda a asociación “Mestre Manuel Gacio”, moi vinculada ó Pico Sacro, seguramente escollerá este monte sagrado como punto de partida baixando dende alí pola ruta de senderismo habilitada fai uns meses polo concello de Boqueixón e que une o Pico Sacro coa ponte de Ponte Ledesma.
En torno ás 11:30h os tres grupos confluirán na Fervenza de Codeso onde un representante de cada asociación fará entrega ós seus homólogos dun agasallo que simbolice as labores máis representativas de cada asociación pois cada unha delas ten editados traballos sobre as costumes e cultura máis representativas do seu entorno. Pretenden de esta forma dar a coñecer a súa labor á vez que fomentan o disfrute da paisaxe e da riqueza cultural da comarca a través do sendeirismo.
Obviamente convidan a toda a xente que desexe sumarse a calquera das camiñatas a que contacte con eles para informarse dos horarios, distancias e outros pormenores.
A actividade terá carácter gratuíto e as liñas de contacto son:
Asociación Mestre Manuel Gacio: acmestremanuelgacio@gmail.com
Asociación Raiceiros: raiceiros@yahoo.es
Asociación Amigos da Ponte de Ponte Ledesma: patucoduque@yahoo.es