O Concello de Boqueixón está a levar a cabo un programa de visitas guiadas polo Pico Sacro como parte do proxecto de posta en valor dun dos montes máis míticos e coñecidos de Galicia.
Estas visitas, ofertadas a centros educativos, agrupan un paquete turístico que da a coñecer os recursos paisaxísticos, históricos, culturais e empresarias do concello.
Os alumnos e alumnas do C.P.R. Vila do Arenteiro son os primeiros visitantes que se fan eco neste ano 2016 desta medida de promoción do territorio. A parte de visitar o Pico Sacro e coñecer a súa historia tamén tiveron tempo para visitar as minas de Ramsa en San Pedro de Vilanova (Vedra), o Centro do Cabalo de Pura Raza Galega ubicado na parroquia de Sergude (Boqueixón) e visitar a queixería de Bo-Queixo en Orto (Boqueixón).
O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, tivo o pracer de acompañar aos 24 excursionistas na visita ao Pico Sacro e contarlles de primeira man as lendas e tradicións relacionadas con este monte.