O Departamento de Educación e Cultura e a Biblioteca Municipal de Boqueixón organizan o III Certame de Relatos “Xosé Neira Vilas”, co obxectivo de potenciar a lectura e a creatividade literaria e fomentar valores como a liberdade, o respecto e a tolerancia.
Poderán participar todos os rapaces e rapazas de Primaria (dende 3º) e de Secundaria de Boqueixón ou de centros educativos do concello.
Establécense tres categorías:
- 1ª categoría: 3º e 4º de Primaria
- 2ª categoría: 5º e 6º Primaria
- 3ª categoría: Secundaria
A temática do relato será libre e os traballos serán propios e inéditos, escritos a ordenador ou á man, con letra lexible. O texto será en galego e debe conter unha historia orixinal, real ou ficticia, podendo incluír ilustracións, terá unha extensión mínima de 20 liñas para os de 1ª e 2ª categoría e de 30 liñas para os de 3ª categoría.
A admisión dos traballos rematará o día 25 de abril de 2015 e entregaranse no concello (dpto. de educación ou biblioteca) ou no centro educativo.
O xurado do concurso estará composto por un representante da Fundación Neira Vilas, un representante do centro escolar, unha persoa do departamento de Educación e a bibliotecaria do concello.
Por cada categoría estableceranse os seguintes premios:
1º premio: diploma + vale 100 € + libro editado
2º premio: diploma + vale 75 € + libro editado
3º premio: diploma + vale 75 € + libro editado
Consulta as bases de participación:
Adxuntos
- Bases de participación (184 kB)
- Bases de participación (184 kB)
- Bases de participación (184 kB)
- Bases de participación (184 kB)