No DOG núm. 49 do 11 de marzo de 2016 publícase a resolución pola que se convocan as probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.
- Presentación de solicitudes e prazo:
Prazo: Dende o 12/03/2016 ata o 02/04/2016
A participación nestas probas deberá formalizarse presentando unha solicitude segundo o modelo do anexo I da resolución dirixida ao Instituto Galego das Cualificacións (solicitude dispoñible no portal web da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http:// traballo.xunta.es).
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.es), aínda que opcionalmente tamén se poderán presentar en soporte papel.
- Documentación a presentar:
Anexo I (solicitude de inscrición).
Fotocopia do DNI ou número de identificación de estranxeiro (NIE), só no caso de non autorizar a consulta dos datos de identidade.
Certificado do grao de discapacidade, só no caso de non autorizar a consulta dos datos de identidade.
- Data de realización da proba:
Competencias clave de nivel 2: 21 de maio de 2016 sesión de mañá ás 9:00h.
Competencias clave de nivel 3: 21 de maio de 2016 sesión de tarde ás 15:30h.
Na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria publicarase o lugar de realización das probas.