A Asociación Mestre Manuel Gacio de Lestedo ten organizada para o día sábado 12 de marzo de 10:00h. a 19:00h. unha andaina moi recomedable, na cal se rememora á xeración do Seminario de Estudos Galegos que reparou neste lugar emblemáticos, visitou e estudou, amosando unha actitude intelectual de interese e respecto polo propio que contrasta cos valores que agora están a transmitir.
A saída será dende o Centro de interpretación do Pico Sacro no lugar de Cachosenande (Lestedo). Todos os que desexen participar só teñen que estar preparados ás 10:00h. con botas de camiñar e vestiario axeitado para 14 km.
Para máis información escribir ao enderezo electrónico acmestremanuelgacio@gmail.com