A Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos e a Fundación Vodafone España en colaboración co Concello de Boqueixón, impartirán o martes 15 de marzo ás 17:00h. na casa do concello, unha charla informativa sobre o uso dos móbiles.
Esta iniciativa chamada “Smart ATEGAL Ageing Plus”, inclúe a formación de persoas de máis de 50 anos no uso dos novos teléfonos móbiles e o acceso a Internet dende os mesmos.
Os/as asistentes recibirán material gratuíto.
Os/as interesados/as en participar nesta xornada formativa, terán que anotarse no Dpto. de Educación e Cultura do concello ou no 981513115