O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, o alcalde de Vedra, Carlos Martínez e Ovidio Rodeiro, rexidor de Boqueixón, participaron onte na clausura e entrega de diplomas do obradoiro de emprego, que ofreceu un posto de traballo e formación a un total de 20 desempregados procedentes destes dous municipios.
O alumnado recibiu formación nas especialidades de traballos de carpintería e moble e operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción, materias nas que recibirán un certificado de profesionalidade.
Os participantes traballaron na rehabilitación das estación de ferrocarril de Santa Cruz de Rivadulla de Vedra, así como en diversas melloras en lugares públicos de Boqueixón (praza pública de Sergude, o camino interior Outeiro en Codeso e o camino interior de Xiadás en Gastrar).
A Xunta investiu preto de 180.000€ para que este obradoiro fose posible.