O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Boqueixón, está realizando ao longo desta semana uns obradoiros sobre igualdade de xénero destinados a nenos e nenas de infantil e primaria do CRA Boqueixón – Vedra.
Esta iniciativa nace da preocupación dos pais e nais da ANPA do CRA por esta temática, creándose así un compromiso común de loita pola igualdade.
Son 101 nenos e nenas das seis escolas do CRA Boqueixón – Vedra os que se están a beneficiar desta actividade.
Levando por título, “Marea e Alén: poñendo do dereito un mundo do revés”, trabállase o uso discriminatorio das cores e dos xoguetes, un feito que condiciona a nenos e nenas dende o nacemento.