No DOG núm. 28 do 2 de febreiro de 2016 publícase a resolución pola que se convocan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2016.
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio
Datas e lugares de inscrición: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 4 e 15 de abril de 2016, ambos os dous incluídos.
Presentación de solicitudes e inscrición: As solicitudes deberán presentarse en papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED312C) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.es).
Realización da proba: As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 25 de maio de 2016.
Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior
Datas e lugares de inscrición: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 15 e 26 de febreiro de 2016, ambos os dous incluídos.
Presentación de solicitudes e inscrición: As solicitudes deberán presentarse en papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED312D) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.es).
Realización da proba: As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 20 de abril de 2016.
Preme no seguinte enlace e podrás acceder ao DOGA:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160211/AnuncioG0164-030216-0001_gl.pdf