No DOG núm. 18 do 28 de xaneiro de 2016 publícase a resolución pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos, nas modalidades de Ciencias e tecnoloxía e Humanidades e ciencias sociais.
● Prazo e lugares de presentación de solicitudes: 18/02/2016 – 03/03/2016.
Os centros onde se pode presentar a solicitude son os seguintes:
a) Centro EPA Eduardo Pondal, rúa Pepín Rivero 3, 15003 A Coruña.
b) IES San Clemente, rúa San Clemente s/n, 15705 Santiago de Compostela.
c) Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa s/n, 27003 Lugo.
d) Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor 4, 32002 Ourense.
e) Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires 26, 36002 Pontevedra.
f) Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra 8-1º, 36202 Vigo.
As solicitudes de inscrición presentaranse en formato papel utilizando o formulario normalizado que figura como anexo I desta convocatoria, dispoñible na sede electrónica da Xunta buscar ED534A), acompañando a seguinte documentación:
• a) Copia do DNI ou doutro documento equivalente cando non se autorice a súa consulta.
• b) Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da Xunta de Galicia ou non se autorice a súa consulta.
• c) Acreditación de proceder doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro no caso de solicitar a exención das materias de Lingua galega e literatura I e II.
• d) Se procede, certificacións académicas ou copia compulsada do libro de escolaridade e/ou historial académico, onde se acredite ter superado materias para validar algún exercicio.
● Data e lugar de realización da proba: A proba celebrarase o día 22 de abril de 2016 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago.
Premendo no seguinte enlace poderás acceder ao DOGA da convocatoria:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160128/AnuncioG0164-210116-0002_gl.pdf