Con motivo do 8 de Marzo, día Internacional da Muller, un ano máis contaremos coa exposición “Mulleres da historia, mulleres con historia”, unha recollida de carteis sobre diversas mulleres que dun xeito ou de outro son importantes na historia: nais, fillas, científicas, deportistas, heroínas, escritoras, avoas, profesoras … etc.
Estes carteis serán creados por todas aquelas persoas que desexen participar na exposición, estando aberta a convocatoria a todas as idades.
Normas de participación:
• Escoller unha muller, pode ser da vida pública ou da vida privada (nais, avoas, irmáns, deportistas, científicas, escritoras, xornalistas …etc)
• Buscar información desa muller e crear tres apartados nos que se responda ás seguintes preguntas:
– Quen é?/ Quén foi?
– É unha muller destacada porque … / Foi unha muller destacada porque …
– A min encántame porque …
• Buscar unha imaxe ou realizar un debuxo desa muller.
• Incluír toda a información nunha cartolina A3 ou A2, a cartolina pode ser da cor que se desexe.
• Poden incluírse textos, poemas, fotos da labor que fai esa muller … etc.
• O póster deberá levar o nome da persoa participante na marxe inferior dereita da cartolina.
• Os traballos deben ser entregados no Concello, a data límite de entrega será o 29 de febreiro.