Esta mañá tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos a presentación da XXXIII Festa da Filloa de Lestedo que se celebra o domingo 14 de febrero.
Esta festa, que celebra a súa trixésima terceira edición, foi declarada no ano 2008 como Festa de Interese Turístico de Galicia.
Despois de 32 anos esta festa converteuse nunha das festas gastronómicas de Galicia máis consolidadas que move cada ano arredor de 20.000 persoas e vai en aumento edición tras edición.
Co ánimo de seguir mellorando e consolidando esta homenaxe a un dos pratos de Galicia por excelencia, presentouse una festa na que non faltarán ningún dos seus pratos fortes:
- Os días 30 e 31 de xaneiro, 6, 7, 9 e 13 de febreiro celébrase as 1as Xornadas Gastronómicas da Filloa de Boqueixón.
- Venres 5, a máquina de Filloas elaborada polo empresario de Boqueixón Orlando Vázquez estará en Luar.
- Sábado 6, degustación gratuita de Filloas de Lestedo na praza de abastos de Santiago
- Martes 9, unha carroza da Filloa de Lestedo, participará no desfile do Entroido de Santiago
- Sábado 13, realización do programa AQUÍ GALICIA, da TVG, desde Lestedo, no que se falará da Festa, e intervirán distintos grupos de Lestedo e Boqueixón asi como personalidades da zona.
- Sábado 13 a partir das 16:30 h da tarde celébrase a IV CARREIRA DA FILLOA, en colaboración coa empresa www.39segundos.com, (saída do Campo de Futbol; Inscripción: escolares (ata 17 anos): gratuita, adultos: 5€).
E xa no propio día da festa, os actos previstos son os seguintes:
- Ás 13:00h. está previsto o 1º Desfile Intermunicipal de Xenerais da Ulla.
- Sobre a 13:30h., María Mera, actriz e presentadora, quen ten as súas orixes en Boqueixón, dirixirá os actos na Festa da Filloa.
- Como pregoeiro contamos con Juan Viaño Rey, Rector da Universidade de Santiago, natural e veciño de Boqueixón, persoa cempre implicada e comprometida co seu pobo, e que de moi bo agrado aceptou ser o pregoeiro deste ano.
- Na sesión vermouth e ó longo da xornada actuarán distintos grupos e charangas. Amenizarán a festa LOAIRA, ESTRALAMPO, TNT, OS KE HAI, A REQUINTA DE XIÁN e O RECOBIO.
- As 17:00 horas darase paso ós famosos Altos dos Xenerais do Ulla da parroquia de Lestedo.
- As 18:00 horas, para rematar a festa contaremos coas orquestas MARBELLA e SATÉLITES, que amenizarán unha verbena que chegará ata as 10 da noite.
No acto de presentación contamos coa presenza de Mª Carmen Pita Urgoiti Directora Promoción Turismo de Galicia, o alcalde de Boqueixón Ovidio Rodeiro, José Manuel Iglesias Gómez Portavoz da Comisión da Filloa de Lestedo e Olando Vázquez empresario e inventor da máquina das filloas.