O Concello de Boqueixón organiza xunto coa hostalería do municipio as primeiras xornadas Gastronómicas da Filloa, para facer honra á súa historia como “terra de filloas” e de grandes filloeiros e filloeiras.
Serán seis días adicados a degustar os bocados máis innovadores e suxerentes con filloas como base da preparación, pero incorporando tamén produtos locais e de tempada da máis alta calidade como xa veñen sendo rcoñecidos (queixo, grelo, carnes, pan…).
Participan once establecementos hostaleiros de Boqueixón no proxecto: Café Bar O Rincón de Tania, Café Bar O Nervioso, Casa de Xantar O Imprevisto, Café Bar Latino, Café Bar A Barreira, Casa de Xantar Casa Castro, Restaurante Vente Vindo, Café Bar O Rincón de Pepe, Cervexería O Vikingo, Café Bar O´26 e Restaurante Vía da Prata.
Esta ruta de exaltación da gastronomía celebrarase durante os días: 30 e 31 de xaneiro, 6, 7, 9 e 13 de febreiro en horario de mañá e tarde: das 12:00h. -15:00h. e das 20:00h. ás 22:30h.
Os locais elaborarán exquisitas filloas con variados acompañamentos e recheos que farán as delicias da clientela a un prezo de 1,5 euros.