Este domingo 24 de xaneiro terá lugar na Casa de Cultura de Camporrapado ás 17:30h. a interpretación da obra de teatro “Autoescola Fitipaldi”, do grupo de teatro do Centro da Terceira Idade de Vedra.
Este grupo de teatro creouse no ano 2013 e está composto por 8 persoas cunha media de idade entorno aos 72 anos (una delas conta con 80 anos). Despois dun tempo de ensaio, puxeron en escea a súa primeira obra no ano 2014.
“ Autoescola Fitipaldi” é a súa segunda obra. As esceas desta comedia transcorren nunha Autoescola, donde as personaxes, sumamente peculiares, teñen como obxectivo sacar o cané de conducir…toda unha aventura!