O Concello de Boqueixón asinou un convenio de colaboración coa Asociación Falemos, de Pais e Titores de Persoas Afectadas de Autismo e outros TXD (trastornos xeneralizados do desenvolvemento), aprobado na Xunta de Goberno do 20 de agosto de 2015.
A través do mesmo, e coa finalidade de favorecer a accesibilidade das persoas con espectro autista aos espazos públicos, colocáronse pictogramas en diversas instalacións culturais, deportivas e administrativas, para contribuír a superar as dificultades comunicativas deste colectivo, así como para favorecer a súa participación na comunidade.