O Concello de Boqueixón ven de firmar varios convenios de colaboración con diversas empresas do concello para a súa participación no proxecto “Deseñando o teu futuro”. Mediante esta iniciativa preténdese que os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e 18 anos, poidan realizar estadías-visita nas empresas do municipio e asi poder coñecer de preto a realidade das profesións, ocupacións ou oficios.
Durante este ano 2015 un grupo de trinta mozos e mozas xa puideron gozar desta experiencia tan enriquecedora e favorable para o seu desenvolvemento profesional e persoal.
CONTRATO FORMATIVO
No marco desta colaboración establecida entre o concello e as distintas empresas do municipio, a lavandería industrial INDUSAL RÍAS ALTAS, S.L., situada no polígono de Sergude, e o Concello de Boqueixón, veñen de asinar un convenio de colaboración en materia de emprego.
Este convenio recolle que o concello cederá datos de persoas desempregadas de Boqueixón para futuros procesos selectivos nesta empresa.
En base a isto, a lavandería ten aberto un proceso selectivo para a realización de varios contratos formativos, para o cal se require o seguinte perfil:
-Mozos/as menores de 30 anos.
-Sen experiencia laboral previa no sector da lavandería industrial.
-Formación educativa/académica básica (certificado de estudos primarios, graduado escolar, graduado en ESO…).
Se reúnes os requisitos e estás interesado/a nesta oportunidade laboral, diríxete ao departamento de orientación laboral ou xuventude (Lucía ou Pascual) do concello antes do mércores 30 de decembro de 2015.
Se precisas máis información non dubides en chamar ao 981 51 30 61.