Orde SSI/1688/2015, de 30 de xullo, pola que se regula o Programa de Termalismo do Instituto de Maiores e Servizos Sociais. (BOE nº 190 do 10/08/2015).
Resolución de 2 de decembro de 2015, do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, pola que se convocan prazas para pensionistas que desexen participar no Programa de Termalismo. IMSERSO (BOE nº 295 do 2/12/2015)
REQUISITOS PARA PODER PARTICIPAR:
1. Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
2. Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
3. Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
4. Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.
5. Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
6. Precisar os tratamentos termais solicitados e non ter contraindicación médica para a recepción do mesmo.
7. Acadar, de conformidade coa baremación establecida a puntuación que lle permita acceder á quenda e balneario solicitado.
PRAZOS PARA SOLICITAR:
Para participar nos meses de febreiro a agosto: ata o 11 de xaneiro 2016
Para participar nos meses de setembro a decembro: ata o 11 de maio 2016
SOLICITUDES E MÁIS INFORMACIÓN:
NO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO. TELÉFONO: 981 51 31 06