No BOP número 233 do 4 de decembro de 2015 e no BOE do 3 de decembro de 2015 publícase o seguinte anuncio sobre a execución subsidiaria de limpeza/corta na leira número 503, polígono 47, do lugar de Rebordaos-Boqueixón:
En cumprimento do establecido no artigo 59.5 da Lei 30/92, do 26 de novembro, reguladora do réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, ponse en coñecemento dos herdeiros de don Bernardo Esperante Fernández que na Xunta de Goberno Local que tivo lugar o día 5 de novembro de 2015 adoptouse o seguinte acordo:
1). Proceder coa execución subsidiaria e en consecuencia coa limpeza de maleza/corta de carballetes e carballo, na leira número 503, polígono 47, do lugar de Rebordaos, propiedade de herdeiros de Bernardo Esperante Fernández, ata gardar as distancias sinaladas no artigo 21 da citada Lei 3/ 2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galicia.
2) Según informe económico, de 9 de setembro de 2015, os traballos de execución subsidiaria de limpeza de maleza e corta de carballetes e un carballo ascenden a un total de 280 euros, que terán que ser aboados polos propietarios da leira número 503, polígono 47, do lugar de Rebordaos, herdeiros de don Bernardo Esperante Fernández.
Dito gasto deberá aboarse polos propietarios na conta bancaria ES51 2080 – 0320 – 20 – 3110000344 – Abanca, a nome do concello de Boqueixón.
3) Comunicar ós citados propietarios que nun prazo máximo de 5 días, desde o recibo desta notificación, remitan mediante escrito a correspondente autorización para proceder á limpeza de maleza e corta de carballetes e un carballo da leira así como a xustificación do pagamento do mencionado importe á conta bancaria que ten o concello, anteriormente citada.
4) No caso de non obter a correspondente autorización e non aboar o citado importe procederase á execución subsidiaria polo concello e á recadación da débeda vía executiva.
Contra este acordo que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer os recursos seguintes: Con carácter potestativo, recurso de reposición, ante o mesmo órgano que ditou o acto, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación do presente acordo.
Directamente recurso contencioso – administrativo ante o Xulgado do Contencioso – Administrativo, dentro do prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da notificación do presente acordo, de conformidade co establecido no artigo 46.4 da Lei 29/98, reguladora da xurisdición contencioso – administrativa.