Este domingo na Feira de Lestedo incorpórase un novo posto “Merillotes Fotografía” de Montse Franqueiro en colaboración con “Maquill’Arte” de Sandra Rodríguez. Trátase de 2 proxectos emprendedores de Boqueixón, que se unen para dar a coñecer o seu labor creativo.
Deste xeito innovador, o alcalde de Boqueixón Ovidio Rodeiro Tato quere mostrar o seu apoio ás persoas emprendedoras e creativas que queiran facer difusión dos seus traballos, e tras ter unha reunión con estas mozas emprendedoras o xoves 3 de decembro, o rexidor plantexa incorporar un espazo creativo no lugar da Feira para apoiar estas iniciativas.
A Feira de Lestedo desenvólvese os 1º e 3º domingos de cada mes.