O 20 de novembro, Día Internacional dos Dereitos d@s Nen@s, celebrouse no Concello de Boqueixón o 1º Pleno Infantil co alumnado de 6º primaria do CPI Antonio Orza Couto. Asistiu tamén como público o alumnado de 5ª de primaria, ademais dos titores e a orientadora do centro.
Cómpre destacar o importante labor que desenvolveron na preparación dos seus discursos e argumentos, traballando os doce dereitos que contempla a Convención a través da análise de noticias de prensa. Posteriormente, trasladáronlle ao alcalde propostas de mellora para os nenos e nenas do concello.
Foi un Pleno moi distendido, onde os participantes expresaron abertamente as súas inquedanzas. Finalmente, e a modo de lembranza, asinaron o Libro de Ouro do concello.
Parabéns a tod@s!
- Categoría (s): Boqueixon
- Publicada o
1º Pleno Infantil
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir